Blogspot - acordome.blogspot.com - Acórdome

Latest News:

Altofalantes 5 Jan 2011 | 10:24 pm

Acórdome de pensar que dentro dos altofalantes había miniaturas de persoas cantando.

Cabana de sofá 5 Jan 2011 | 10:14 pm

Acórdome de facer seguido unha cabana desmontando as almofadas do sofá. Foi o mellor refuxio que tivemos.

Máquina de escribir 5 Jan 2011 | 09:50 pm

Acórdome de aprender mecanografía nunha máquina de escribir Olivetti. Adoraba pulsar as teclas, mirar as palanquiñas de cada letra amontonarse apresuradas contra a cinta. Acadei unha velocidade import...

Copias 5 Jan 2011 | 09:49 pm

Acórdome do papel de calca.

Discoplay 17 Nov 2010 | 09:50 pm

Acórdome de recibir a Discoplay e das nosas compras de cintas e cd´s. Tamén de recortar as portadiñas que traia a revista para pegar nas carátulas das cintas gravadas.

Pelo curto 29 Sep 2010 | 09:00 pm

Acórdome de cando me cortaron o pelo curtiño de todo, como un neno. Cheguei a casa e metinme na bañeira. Nunca esquecerei a temperatura da auga, que me fervía na pel, e o peso exacto da melancolía.

Imperdibles 29 Sep 2010 | 08:43 pm

Acórdome dos días nos que fixemos unha pulseira para regalarlle a mamá. Traballabamos escondidas por detrais da casa. Era de imperdibles e contas pequeniñas.

Pistacho de prata 29 Sep 2010 | 08:16 pm

Acórdome de cando a meu pai lle tocou o auténtico pistacho de prata nunha daquelas máquinas que por 25 pesetas descargaban un puñado.

Bisavoa 29 Sep 2010 | 08:10 pm

Acórdome da bisavoa mexando na chousa, case sen anasarse nin levantar a saia, case de pé.

Vinagre na pel 28 Aug 2010 | 08:10 am

Acórdome do recendo do vinagre na pel despois de queimarnos ao sol.

Related Keywords:

beiras zapato, botóns

Recently parsed news:

Recent searches: